" />

O obradoiro de emprego ‘Ponte de Areas III’ recupera a antiga cámara agraria de Guntín para albergar o cuartel da Garda Civil

delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe en Guntín as obras de restauración da antiga cámara agraria para albergar o cuartel da Garda Civil da localidade, executadas polo obradoiro de emprego Ponte de Areas III, promovido polo Concello do Páramo xunto cos do Corgo e Guntín.

O taller, que está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 462.500 euros, iniciou a súa actividade hai un ano e finalizará a mediados de decembro. Arias explicou que por mor da pandemia da covid-19 prorrogouse algo máis de tres meses con respecto á duración prevista, o que obrigou a ampliar o orzamento inicial en 126.100 euros.

En canto ás obras executadas nos demais municipios, no Páramo o proxecto incluíu a rehabilitación da escola de Saa para casa de maiores e a instalación dunha fonte no campo da Capela de Paredes. Pola súa banda, no Corgo urbanizaron os terreos da contorna do Punto de Atención á Infancia (PAI), construíron un alxibe para previr incendios no lugar do Hospital e recuperaron a antiga escola de Chavín, na parroquia de Fonteita.

No obradoiro formáronse vinte persoas en especialidades relacionadas coa construción e a urbanización. Os participantes teñen un contrato de traballo mentres participan na actividade e ao finalizar poden acreditar as ensinanzas recibidas cun certificado de profesionalidade. Do funcionamento do taller encargáronse unha persoa no posto de dirección, outra en administración e tres monitores de albanelería.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo