" />

O Orfeón Lucense e a extremeña Coral de Don Benito renderán homenaxe á falecida Marta Blanco

O Orfeón Lucense será o próximo sábado, día 29, anfitrión da Coral de Don Benito (Badajoz), e xuntas ofrecerán un concerto ás oito e media do serán, na igrexa lucense de Santiago A Nova.   A Agrupación Coral de Don Benito tivo entre os seus componentes á lucense Marta Blanco, e despois do pasamento desta, a agrupación quixo render homenaxe á súa memoria vindo cantar á capital lucense, poñéndose en contacto co Orfeón Lucense para que colaborase nesta iniciativa.

En homenaxe, pois, á falecida Marta Blanco, as dúas agrupacións ofrecerán un concerto de música coral na igrexa de A Nova, con entrada libre, ao que asistirán familiares da homenaxeada, residentes en Lugo e A Coruña.

Despois deste concerto, e para culminar a súa actuación na capital lucense, a Agrupación Coral de Don Benito cantará a misa da unha da tarde do domingo, día 30 de abril, na Catedral lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo