O Partido Popular presenta un recurso no xulgado contra a moción de censura na Deputación

O grupo Provincial Popular que lidera Elena Candia, presentou hai uns días perante a sala do Contencioso Administrativo de Lugo un recurso onde piden a nulidade da moción de censura presentada por socialistas e nacionalistas, na que deu como resultado a aprobación da mesma.

O argumentario do Partido Popular basease na vulneración do secreto de voto por parte do deputado do Psoe, Manuel Martínez, ao esgrimir a papeleta que ía depositar na urna. Así as cousas haberá que agardar a resolución do Xulgado do Contencioso Administrativo Número 1 de Lugo para saber que percorrido ten dito recurso.

A resposta do Partido Socialista non se fixo agardar e por boca do voceiro do Psoe, Álvaro Santos denunciou que todo se fixo de acordo ao establecido pola lei e que no seu grupo hai absoluta tranquilidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo