O Pazo de San Marcos acollerá unha conferencia de Juan de Dios Román

O Pazo de San Marcos acollerá este xoves unha conferencia do ex seleccionador e adestrador de balonmán Juan de Dios Román, promovida polo Goberno da Deputación, así o avanzou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón. O coloquio, que terá lugar no salón de actos a partir das 19:30 horas con entrada totalmente de balde, leva por título O deporte como formación e valores e enmárcase nun ciclo de actividades en homenaxe a Juan de Dios Román, organizado pola Peña Atlética Lucense, en colaboración co CP Lucense e o Club Verxel Nutrición Deportiva.

Rivera Capón subliñou que “é un auténtico privilexio acoller na nosa provincia a unha personalidade da talla de Juan de Dios Román, un referente do mundo do deporte, e especificamente do balonmano nacional. Gustaríame convidar a todos os lucenses a que se acheguen a gozar dos seus coñecementos e experiencias, pois trátase dunha oportunidade única para escoitar a un medallista olímpico e europeo. O balonmán conta cunha forte tradición na provincia de Lugo e con este tipo de iniciativas queremos darlle un novo pulo para que volva ter a importancia de antano e, ao mesmo tempo, achegalo aos máis cativos da provincia”.

Os actos comezarán mañá coa charla A nutrición no deporte, a partir das 20:00 horas no Seminario de Lugo. Participarán Bernardino Lombao, Santiago Carro Valero, José María Fernández Santiago e José Carro Otero. O mércores, ás 19:30 horas, celebrarase o segundo coloquio O papel da prensa como transmisor de valores, no Gran Hotel de Lugo, coa participación de xornalistas deportivos. O xoves terá lugar o acto central coa conferencia de Juan de Dios Román no Pazo de San Marcos, ás 19:30 horas. Estará acompañado na mesa por Cecilio Alonso, Pablo Permuy e Bernardino Lombao. Finalmente, o venres ás 20:00 horas, o Vello Cárcere acollerá a derradeira conferencia A muller no deporte, na que participarán Cecilia Vázquez Suárez, Montse Miguez Tello, Karina Pasarín Mon, Arancha Mallou e Hilda Rodríguez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com