" />
Paula Alvarellos

O persoal do Concello regresará o luns ao teletraballo

A edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, asinaba esta mañá un decreto regulando a prestación de servizos baixo esta modalidade para que os empregados públicos poidan exercer as súas funcións dende os domicilios particulares, protexendo a súa saúde ao tempo que se garante o normal funcionamento da administración local en todos os seus ámbitos de actuación.

A decisión do equipo de goberno chega logo de que se rexistraran varios casos positivos de Covid en diferentes dependencias municipais.

“Trala detección destes contaxios e, tendo en conta a evolución que está a seguir a pandemia na cidade, pareceunos oportuno e mesmo aconsellable implantar de novo o sistema de teletraballo co fin de compatibilizar a salvagarda do persoal coa actividade prestacional á cidadanía. De xeito que só continuarán no seu posto os efectivos daquelas áreas que teñen que desenvolver un labor eminentemente presencial como pode ser o caso de Benestar Social, Fogar do Transeúnte, Rexistro, Cemiterio, Policía Local ou Bombeiros”, explicou a titular de Recursos Humanos.

Alvarellos Fondo indicou tamén que nas vindeiras horas os xefes de cada servizo procederán a organizar o réxime de traballo con respecto aos turnos, á flexibilidade da xornada, etc, conforme á realidade dos seus departamentos.

A edil sinalou igualmente que todas as persoas que se acollan ao teletraballo deberán estar, iso si, dispoñibles durante a súa xornada laboral para atender as necesidades do servizo cando sexa requirido, co obxectivo de que se manteña a operativade do Concello en todo momento.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Juan Martinez
    Out 29, 2020 - 07:34 PM

    Confiemos en q den un mejor servicio q la vez anterior.
    Imagino q habrán solucionado los problemas q provocaron semejante caos

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo