" />

O persoal do SAF da Pastoriza denuncia incumplimentos do convenio por parte de Servital

O cadro de persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) da Pastoriza vén de denunciar que Servital, a empresa concesionaria do servizo, incumple o convenio estipulado e manipula en reiteradas ocasións as xornadas laborais das empregadas. As traballadoras xa solicitaron unha reunión cos responsables do servizo no Concello da Pastoriza para expoñer os problemas aos que se ven sometidas no seu día a día.

Segundo denuncian, a empresa manexa os contratos das traballadoras de tal xeito que “nunca sabemos o que imos cobrar” a fin de mes nin canto tempo estará contratada. Do mesmo xeito ocorre, denuncian, co plus de desprazamento que lles pode varíar dunhas a outras tendo o mesmo percorrido e as mesmas casas.

 As traballadoras, non descartan, se non hai cambios, convocar outro tipo de medidas e mobilizacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo