" />

O pintor Xavier Magalhães expon a súa obra ata o mes de xuño no MIHL

O Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle dende hoxe a exposición Bosques de faíscas (Os desherdados) que recolle con máis de 40 cadros unha ampla selección dos mellores traballos do pintor Xavier Magalhães.

Este pintor autodidacta galego-portugués, nado en 1953, mantivo unha gran amizade con Laxeiro co que inicia a súa formación no mundo da arte e que foi o impulsor das súas primeiras obras. A comezos da década dos noventa comeza a expoñer as súas obras e é recoñecido como un dos artistas notables no panorama galego.

As obras de Xavier Magalhães caracterízanse por traballar con tintes de cores sobre papel nos que emprega pinceis de banda ancha para os seus trazos enerxéticos agresivos. Con eles constrúe un mundo de figuras esquemáticas, de raíz neocubista e emparentables coa pintura francesa de Grommaire, creando obras en grandes formatos.

Por iso, cada cadro é unha correspondencia individual, e como tal ten que ser entendido en canto lle cause algunha emoción ao observador da obra. O espectador non pode tratar de buscar os condicionantes que motivaron ao autor a realizar a obra, procura inútil se a obra non ofrece un diálogo novo para cada espectador no intre dunha nova observación, a cal non ten porque corresponder coa idea primixenia que foi o detonante da súa creación segundo explica o propio Magalhaes.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo