O Pleno aproba incrementar en 1,6M€ os investimentos do Orzamento da Deputación

O Pleno da Deputación vén de aprobar, a proposta do grupo socialista e co apoio da abstención dos populares, unha modificación dos Orzamentos do Goberno Provincial deste 2019, mediante a incorporación de remanentes. Unha suba de máis de 1,6 millóns de euros que irá adicado, na súa maioría, ás transferencias de capital aos concellos.

A proposta supón 100.000 euros para reeditar o Plan de Recuperación de Terras Abandonadas e 1,5 millóns para mellorar servizos públicos nos Concellos en base ás súas necesidades. Sobre os 1,5 millóns de euros de transferencias aos Concellos, o Presidente da Deputación apuntou que, ao  igual que se fixo cos remanentes de 2018, estes fondos destinaranse á mellora de servizos públicos nos municipios, atendendo ás necesidades trasladadas. A única determinada ata o momento é o arranxo do campo de fútbol Pepe Barrela de Ribadeo; aprobada tamén hoxe polo Pleno.

Neste senso, a proposta socialista recibiu dúas enmendas, que foron rexeitadas polo equipo de goberno pero que tamén contaron coa abstención do PP. A primeira, do deputado non adscrito, Manuel Martínez, que solicitaba un suplemento de 150 mil euros para restaurar a Casa Médico de Becerreá; e a segunda, dos propios nacionalistas que solicitaban cambiar o concepto deste suplemento de crédito e, en lugar de dedicalo a transferencias de capital aos concellos, destinalo á mellora das estradas provinciais.

O Partido Popular abstívose en todas as votacións deste punto, facilitando así a aprobación da proposta pero o rexeitamento das emendas cun craro obxectivo: que sexa o goberno quen decida en qué gastar os cartos para que “sexan os lucenses quen valore o traballo de cada partido”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com