O pleno municipal aproba a municipalización da xestión tributaria, proposto por ACE-EU

O grupo mixto municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida conseguiu que esta mañá se aprobase no Pleno a súa proposición para a municipalización integral da xestión tributaria local, cos votos favorables de tódolos grupos excepto os do equipo de goberno, que votou en contra. Actualmente, o Concello de Lugo ten privatizado parte deste servizo en virtude dun contrato coa empresa Tribugest S.A. por un importe anual de preto dun millón de euros, que foi prorrogado polo ejecutivo de Lara Méndez o pasado outubro de 2016.

“A administración tributaria ten que facer efectivo o deber de contribuir de todas e todos con arreglo aos principios constitucionais de igualdade e progresividade, e facelo coas máximas garantías de respeto absoluto tamén dos seus dereitos”, espuxo Carlos Portomeñe no Pleno celebrado esta mañá, e sinalou “que unha empresa privada se encargue da tramitación de expedientes e dos informes necesarios para levar a cabo as funcións de recadación e inspección tributaria, equivale a poñer en perigo esas garantías”, tal e como xa adiantara o propio voceiro nunha rolda de prensa dada onte para presentar esta proposta.

“Precisamente, o Concello na teoría utiliza o recurso literario de contratar un servizo de colaboración ou asesoramento porque a Lei prohíbe terminantemente que o sector privado xestione as actividades públicas que, como a tributaria, implican exercicio de autoridade. Na práctica, a empresa actúa como unha estrutura administrativa paralela que inclúe ata a oficina de atención ao contribuínte, e a súa plantilla encárgase da análise da situación de cada un deses contribuíntes e manexa os seus datos persoais, confidenciais e extremandamente sensibles”, salientou o concelleiro.

Segundo esta agrupación, a concelleira de Economía, Ana Prieto, minte ao afirmar que o contrato con Tribugest S.A. é “estritamente legal”, xa que o inspector xefe do servizo municipal de inspección de Tributos emitiu un informe o pasado setembro de 2016 no que advirte de que a lexislación non permite a externalización da inspección tributaria.

Asemade, Portomeñe lembrou que a maioría dos contratos de externalización da xestión tributaria local impugnados ante os tribunais teñen sido anulados porque se estaba a vulnerar a Lei. Un exemplo claro, para o voceiro de ACE-EU, son as sentezas firmes do Tribunal Superior Vasco de xaneiro de 2016, que “anularon os contratos de media ducia de concellos de Euskadi para a xestión externa da inspección fiscal”, e que foran denunciados pola propia Abogacía do Estado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com