14,00 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurará o III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial (CIAG). No auditorio Neira Vilas do edificio CINC (Monte Gaiás, s/n). foto xoán crespo 27/06/2019

O Polo de Rozas recibirá en 2020 máis de 15M€ dos orzamentos da Xunta

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, confirmou hoxe que a provincia de Lugo “adquire un protagonismo especial” nos Orzamentos da Xunta de Galicia para 2020 con medidas focalizadas na innovación e na formación e, nese sentido, avanzou que o polo aeronáutico de Rozas disporá de máis de 15 millóns de euros que permitirán seguir desenvolvendo os proxectos de  I+D que multinacionais como Boeing, Indra ou Babcock, están desenvolvendo en colaboración con máis de 30 pequenas e medianas empresas, universidades e centros tecnolóxicos.

“Será unha oportunidade para que Lugo dispoña dese parque empresarial no aeródromo de Rozas, para que Lugo poida seguir impulsando proxectos de emprendemento a través da Business Factory Aero, en definitiva para que Lugo siga consolidando a súa industria e desenvolva un novo sector, como é o sector dos avións non tripulados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo