" />

O PP acusa ao Goberno de dar “información privilexiada a afíns” para acceder a prazas do Plan de emprego

O grupo do Partido Popular no Concello de Lugo denunciou esta mañá que o Goberno local “podería estar proporcionando información privilexiada” para que persoas afíns ao PSOE e aos seus socios no Concello accedan ás prazas do Plan de Emprego municipal.

O voceiro do PP, Jaime Castiñeira explicou que “ao parecer se están dando instruccións a algúns amigos do Goberno local para que cando se apunten na oficina de emprego o fagan cuns códigos específicos que corresponden coas prazas que se ofertarán no plan de emprego”.

Para Castiñeira este tipo de prácticas “son un fraude para os veciños” e fomentan “que haxa parados de primeira e parados de segunda”. O popular agarda que “en aras da transparencia” se dean canto antes explicacións de cómo se está xestionando este programa de emprego.

Pola súa banda, o voceiro municipal, Miguel Fernández, cualificou estas acusacións de “gravísimas” e “dunha irresponsabilidade, e falta de seriedade e rigor indignas de alguén que representa aos lucenses”.

“Primeiro votaron en contra do Plan de Emprego coa súa oposición en Pleno aos Orzamentos e agora, sen nin sequera coñecelo, e con razoamentos tan banais como podería ser ou ao parecer, o PP e Jaime Castiñeira xa o critican e difunden falsidades sen poñerse colorados”, subliñou o voceiro do Goberno. “Dentro da súa estratexia sistemática, volven querer xerar medo ante as grandes expectativas que se están creando entre moitas persoas que necesitan esta iniciativa para encontrar un emprego”, engadiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo