" />

O PP advirte do perigo que supón para usuarios e peóns que o carril bici da Ronda do Carme so

O Grupo Municipal do Partido Popular deu hoxe o aviso de posibles perigos do novo carril bici que o Goberno lucense está a construir na Ronda do Carme. O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, advirte de que, nalgunhas zonas, peóns e condutores terán que invadir zonas reservadas a bicicletas. Ameijide alerta de que en canto se poña en servizo esta vía ciclista na Ronda do Carme o caos, dixo, pode ser o gran protagonista por mor dos atascos que se poden xerar. 

O popular explica que este carril bici deseñouse en moitos treitos de dobre sentido, sendo un carril cun ancho total de 2 metros en moitas zonas, o que para o popular, semella insuficiente xa que a maioría das bicicletas actuais contan con manillares de entre 68 e 80 cm de ancho.

Hai zonas, como a confluencia da rúa Santiago, Ronda do Carme e as costas do parque de Rosalía de Castro onde, en opinión do popular existe un perigo evidente para os ciclistas xa que “é un dos cruces máis perigosos e complicados da
cidade e Lara Méndez permite que o carril bici teña un remate abrupto neste cruzamento de vías”.

Tamén é amplamente mellorable a situación na que queda o carril bici ao carón dos aparcadoiros dos vehículos. O vicevoceiro popular explica como a saída dos vehículos para as persoas que viaxen no asento do acompañante “non é a idónea” xa que ao baixar do coche non lle queda máis remedio que invadir o carril bici para realizar calquera  movemento.

Asemade, o PP cuestiona que o proxecto contemple a eliminación de 336 prazas de estacionamento en só 14 rúas da cidade. “De novo nos atopamos como lle dan luz verde aos proxectos se presentar alternativas ao tráfico, xa que unicamente prevén a creación de 95 prazas de estacionamento en dous novos aparcadoiros disuasorios xustamente nas zonas nas que menos problemas hai para deixar o coche”.

Antonio Ameijide pon de relieve a perda de prazas de estacionamento que se producirá nunha zona como A Residencia, onde se perderán 322 prazas para aparcar, unha zona na que “son e serán moi necesarias” xa que alí se abrirá un centro de saúde, un PAC, unha residencia para persoas da terceira idade, unha oficina de emprego e un centro de emprendemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo