" />

O PP afea que o PSOE minimice o problema da presión de auga do Ceao cando prometeron renovar a rede

Para o PP resulta “sangrante” que “minimicen os problemas que hai de presión de auga no polígono do Ceao” aclarando que iso é o que se desprende da resposta que lles deron dende o Goberno local á petición de que se renove a rede de auga. O PSOE zanxa o tema asegurando que “non existen queixas de industriais, que non é unha zona na que se produzan avarías” asegurando que se renovará de forma paulatina. Dende o PP pregúntanse con cargo a que fondos “xa que hai cero euros reservados para abastecemento para o ano 2022”.

No transcurso do pleno municipal de hoxe, o PP retou ao PSOE e ao BNG a apoiar a manifestación contra a ocupación que terá lugar esta fin de semana no barrio do Sagrado Corazón. Dende o Grupo Popular celebran que “hoxe na súa intervención do pleno os socialistas recoñeceran, aínda que de forma tibia, que Lugo sufre a problemática da ocupación” lembrando “como ata o de agora miraban cara a outro lado e negaban a súa existencia”.

O PP pediu en reiteradas ocasións a creación dunha oficina municipal de asesoramento que ofrecese asistencia xurídica aos propietarios de vivendas ocupadas para efectuar desaloxos exprés nun máximo de 48 horas. De feito hai un acordo de 2018 na que o BNG apoiaba esta iniciativa.

Os populares tamén agradecen a postura adoptada por Rubén Arroxo para buscar unha solución aos problemas que os veciños de Castelo trasladaron ao Grupo Popular sobre o transporte urbano no barrio. “Como xa denunciamos en numerosas ocasións, a liña 5, que comunica Castelo coa cidade, ten demasiadas paradas para contar cunha  frecuencia dunha hora de paso, de aí que acumule atrasos constantes, chegando a perder, moitos días, unha volta completa”.

Para os populares é “fundamental” mellorar esta liña, xa que os veciños de Castelo, como o resto de lucenses, “teñen dereito a contar cun transporte urbano útil e que dea resposta ás necesidades de mobilidade que teñen”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo