O PP critica “o veto” dos grupos do Goberno para constituir unha Comisión de investigación de persoal

O Partido Popular criticou hai uns minutos o veto dos 13 concelleiros socialistas e nacionalistas do goberno de Lugo que hoxe en pleno votaron en contra da proposición popular para abrir unha Comisión de Investigación que esclareza as irregulariedades de persoal municipal detectadas no concello durante os últimos 20 anos.

O voceiro popular Ramón Carballo interpretou este posicionamento dos membros do goberno como “unha covardía política para protexer aos culpables desta trama de persoal así como unha falta de decencia e coherencia tanto por parte do PSOE como do BNG. En resumo, non lles interesa poñer luz e taquígrafos aos despropósitos en materia de persoal, por algo será”.

Os populares tamén quixeron agradecer o traballo do interventor “que veu ao Concello a poñer cordura no goberno de Lugo”, en alusión ao informe deste funcionario que “pon negro sobre blanco sobre as presuntas iregulariedades de persoal do PSOE nestes últimos 20 anos”.

PSOE e BNG tamén tumbaron a proposición para impulsar un convenio de colaboración para a estación intermodal similar ao asinado pola Xunta e Fomento no resto das cidades galegas. “Co seu voto en contra o que veñen é a avalar as políticas de continuos anuncios electorais dos socialistas que están permanentemente en campaña e tamén veñen condenar aos lucenses a máis retrasos con respecto a esta infraestructura”, considerou Carballo.

Os populares tampouco conseguiron o apoio para a defensa á liberdade educativa. Carballo criticou “a incongruencia dos concelleiros de PSOE, BNG” que votaron en contra da libre elección de centro e da educación concertada que defendeu o PP “cando moitos deles foron alumnos ou levan aos seus fillos a colexios concertados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com