" />

O PP critica que continúen,”un mes despois”, abertas as zanxas da fuga da rúa Frei Plácido

O Partido Popular acusa ao goberno de Lara Méndez de “pasotismo e dunha brutal falta de dirección política que repercute na coordinación dos departamentos de augas e o de vías e obras”. O concelleiro popular Ángel Trabada realizou esta reflexión tras facerse eco das queixas dos peóns e veciños da rúa  Frei Plácido Lemos.

Trabada explica que “hoxe, cúmprese un mes dende que se reparou a famosa fuga de auga que afectou a esta zona e ás casetas do polbo” denunciando que “logo de arranxar a rotura, o pasado 11 de outubro, quedou o escombro amontoado e as valas tiradas na vía pública”. “Esta imaxe de abandono e de provisionalidade” matizou o edil popular “é un reflexo de como xestiona o goberno de Lara Méndez: de forma improvisada e deixando a medias o traballo”.

O concelleiro popular explica que “no caso de Frei Plácido urxe a retirada dos restos” xa que “están nunha zona de paso moi transitada porque hai na súa contorna un centro educativo e se obriga aos peóns, nun punto da beirrúa a baixar da calzada e, noutro punto, os escombros amontoados tamén dificultan o aceso a un garaxe”.

Ángel Trabada anuncia que ademáis de reclamar que se corrixa esta situación preguntará, na vindeira comisión de obras, cales son os prazos que o goberno local baralla para renovar a canalización desta zona. “Moito nos tememos que a súa velocidade de resposta chegará o vindeiro San Froilán e seguiremos coa mangueira que conecta con Cidade de Viveiro sobre a beirarrúa ”.

Os populares lamentan que este tipo de “estampa de eventualidade sexa xa habitual nas obras municipais de Lugo lembrando os casos como as vallas que hai, dende xullo, en medio da calzada de San Lázaro ou as que se estiveron, durante meses, no cruce da estrada de Portomarín”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo