O PP critica que haxa concellos que achegan á Deputación máis do que reciben

A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, considera que moitos concellos de Lugo sexan contribuíntes netos da Deputación. “É dicir, as achegas económicas dos municipios ao ente provincial superan ás que reciben os Concellos do orzamento da Deputación. Hai municipios que poñen máis do que reciben da Deputación. A balanza arroxa un saldo negativo para as arcas locais, pese a que a Deputación ten como principal competencia a da cooperación e colaboración cos municipios”, explicou Candia.

A popular fixo referencia ao partido xudicial de Vilalba “onde se dan cifras como que o pago dun Concello á Deputación pola xestión do cobro dos impostos está en torno aos 85.000 euros, mentres que o organismo provincial achega ao municipio unha contía que non supera os 50.000 euros entre subvencións para deportes, cultura e outro tipo de axudas”.

A voceira dos populares na Deputación recriminou “o castigo ao que somete o organismo que preside José Ramón Gómez Besteiro aos concellos do partido xudicial de Vilalba”.

A voceira dos populares asegura tamén que durante a reunión cos alcaldes dos concellos do partido xudicial de Vilalba, se estudou presentar reclamacións para que a Deputación liquide as débedas contraídas cos municipios en materia de servizos sociais, área xestionada polo BNG, e que cumpra co financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

“A débeda que a Deputación ten cos municipios dende que no 2012 se negase a cumprir coa lexislación vixente e apoiar maioritariamente ao financiamento do Saf básico en concellos de menos de 20.000 habitantes é moi importante”.

Os populares piden o pago destas débedas logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimase integramente os argumentos expostos pola Deputación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com