O PP critica que o goberno nomeara máis Policías Locais que prazas sacou a oposición

O viceportavoz do  Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, pon de manifesto o “nulo interese” que ten Lara Méndez pola Policía Local, que non só viuse reflectido na diminución de efectivos que sufriu o corpo e que non cubriu durante estes últimos anos, senón que tamén ten o seu reflexo en que nos últimos 20 días a alcaldesa nomeou máis xefes para a Policía Local que prazas creou ou cubriu neste corpo.

Enrique Rozas fai pública esta denuncia nun momento no que o corpo da Policía Local segue sen ter un xefe á fronte, xa que “nos consta” que desde o goberno local non realizaron a notificación a ningún dos axentes que nomearon para dirixir o corpo.

“Temos a certeza, segundo a documentación que obra neste Concello, de que asinaron os decretos de nomeamento, decretos que, de momento, non notificaron a ningún dos axentes, polo que en realidade Lugo segue sen xefe da Policía Local desde que o 20 de decembro o xefe Novo marchouse de permiso e vacacións antes da súa xubilación”, argumentou Rozas.

O vicevoceiro explica que o “esperpento” que Lara Méndez creou neste corpo chega ao límite de que “asinan os decretos de nomeamento” pero non chegan a realizar a notificación á persoa interesada, polo que “a efectos reais non designan a ninguén”. Mesmo, o popular asegura que “a parodia” que están a realizar desde o goberno local chegou ao momento de que “esta mesma mañá estiveron reunidos cun dos oficiais designados como xefe mediante decreto, pero non tiveron a ben entregarlle a notificación”. Por iso, Enrique Rozas pregunta a Lara Méndez e ao seu equipo de goberno “a que xogan” coa Policía Local para decretar nomeamentos e non realizar as notificacións para facelos efectivos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo