" />

O PP critica que se aprace o desdobramento da avenida Infanta Elena debido á falta de terreos

O Partido Popular vén de denunciar a “incompetencia e ineficacia” da alcaldesa de Lugo, tras coñecer que o Goberno local non puxo a disposición os terreos necesarios para facer efectivo o desdobramento da avenida Infanta Elena. Con esto, os populares pretenden criticar o aprazamento da execución desta obra, tras saber que a Deputación vén de resolver o contrato coa empresa adxudicataria. Así, os voceiros do PP en Concello e Deputación, Ramón Carballo e Javier Castiñeira, anunciaron que presentarán preguntas en ambas administracións para  clarificar “o futuro deste acceso principal á cidade”.

Os populares manifestaron “sendo dúas administracións amigas onde goberna o PSOE e o BNG “resulta incomprensible que non haxa colaboración, eficacia e dilixencia. “Debería caerlles a cara de vergoña xa que están eternizando a execución dunha obra pola incompetencia da alcaldesa de entregar os terreos para facer esta actuación”, aclararon Carballo e Castiñeira.

Os populares queren saber “en que estado se atopa a posta a disposición dos terreos, os prazos que baralla para facer estas xestións e cales foron os problemas que tivo a alcaldesa, dende decembro de 2016, para facerse con estes solares”. Os populares lembran como o desdobremento de Duquesa de Lugo debería levar dous meses en servizo e, coa situación actual, moito nos tememos que Méndez acabará o mandato coa obra sen facer. “Aquí non poden botar balóns fóra e culpar de incumprimentos de prazos á Xunta”, concluian.

Dende o PP aseguran que “semella que a alcaldesa ten animadversión a mellorar os principais accesos de Lugo” lembrando que nun caso semellante está a obra da rotonda de Alfonso X coa N-VI onde tamén hai atrancos para facer a intervención porque a alcaldesa non pon a disposición do Goberno do Estado os terreos que se precisan.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Nov 13, 2020 - 10:38 PM

    A ver Xornal de Lugo, so os do PP e algunha vez os de Cs (se supón que por pena) teñen cabida no voso xornal? so estos teñen cousas que dicir todolos días, sen acritude eh, pero parecedesvos cada día mais o El Progreso, so falta que a Xunta do PP vos unte, e igualiños, igualiños.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo