O PP da Fonsagrada traslada a Balseiro a necesidade de mellorar tres estradas autonómicas da localidades

O candidato do Partido Popular da Fonsagrada á alcaldía, José Luis Regueiro, acompañado de concelleiros da localidade, mantiveron unha entrevista co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a fin de trasladarlle as demandas veciñais en relación coa mellora de varias estradas autonómicas ao seu paso polo municipio.

Os populares establecen como prioritario a necesidade de acometer melloras na estrada LU-740 (A Fonsagrada-Vilardíaz), na LU-701 (A Fonsagrada-Límite provincia con Asturias) e na LU-703 (Barbeiros-Límite provincia con Asturias), as tres de titularidade autonómica.

No primeiro dos casos, a obra serviría para mellorar esta vía, que carece de rodadura de mestura asfáltica en quente, así como para dotala de nova sinalización e de barreiras de seguridade metálicas. Nas outras dúas estradas os traballos consistirían na reparación do firme naqueles puntos nos que presentan deterioro, debido en gran parte as inclemencias meteorolóxicas que rexistran.

“Cremos que é preciso que a Xunta invista nestas vías, co obxecto de mellorar o servizo que prestan aos veciños e usuarios, ganar en confort de circulación e en seguridade viaria”, manifesta Regueiro.

O encontro serviu tamén para trasladar a necesidade de acometer unha mellora en profundidade do colexio público da localidade, o CEIP Santa María. Son instalacións inauguradas fai décadas que, “aínda que prestan un servizo moi correcto, é necesario darlle un repaso xeral e modernizalas, pensando no mellor servizo á comunidade educativa, profesorado e alumnado do centro”, segundo o popular.

Regueiro amosouse satisfeito ante o interese e boa receptividade amosada polo delegado territorial ante estas peticións e avanzou “a disposición da Xunta para estudar cada unha das peticións trasladadas e o modo de facelas realidade nas próximas datas”.

Ademais, indica que “sabemos que estamos a pedir obras que son moi custosas e que supoñen un gran esforzo, pero sabemos que a Xunta e o delegado están comprometidos coa Fonsagrada e van facer todo o posible por facelo realidade”, conclúe o candidato do PP á alcaldía do municipio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com