O PP pide unha praia fluvial fronte o Pazo dos Deportes e o BNG considerao “unha bestialidade”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, esixiu ao Goberno municipal que “antes do próximo verán” os lugueses teñan unha praia fluvial, que propón que se ubique á altura do Pazo Universitario dos Deportes. 

Nesa liña, Castiñeira sinalou que “a localización que nos parece máis axeitada é a da confluencia do río Rato e do Paseo do Miño”, para o que se baseou en catro argumentos: a seguridade que outorga para os bañistas, a maior sinxeleza na tramitación dos permisos polo menor grao de protección que ten esa zona concreta, a accesibilidade da contorna e a existencia de servizos, como espazo de estacionamento, nas inmediacións. “Esta foi a localización que sempre defendemos e, de feito, así figura tanto no noso programa electoral como en varias mocións que trasladamos ao pleno municipal”, subliñou Castiñeira.

Pola contra, esta proposta “non ten nin pés nin cabeza” para o BNG, que denuncia “o impacto medioambiental que tería na zona”. O voceiro dos nacionalistas no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, advertiu de que nese lugar “existe unha insua virxe” que serve como refuxio para as aves, onde crían nela. A este respecto, Arroxo considerou “unha bestialidade” que o PP chegue a propoñer facer un enlace para que a xente se mova por ela para pasar á outra beira.

 “O BNG quere unha zona de baño público, pero o PP aposta por destruír unha zona de refuxio de aves”, apuntou o voceiro nacionalista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com