" />

O PP denuncia a aparición de dous novos vertedoiros incontrolados en Muxa

Os vertedoiros incontrolados nas parroquias seguen a ser un dos grandes problemas para os veciños do rural que ven como seguen a proliferar este tipo de situacións, moi dañinas para o medio ambiente.
Os concelleiros populares lamentan a “desastrosa política medioambiental do goberno bipartito de Lugo poñendo como exemplo
dous novos vertedoiros incontrolados que apareceron na parroquia de Muxa”.
Dende o Grupo Municipal Popular preguntan ao goberno bipartito “que está a facer para evitar este este tipo de prácticas que, por desgraza, son habituais no noso concello”.

Nestes dous vertedoiros que apareceron en Muxa poden verse restos de obras, roupa, xoguetes, cosméticos, sofás, electrodomésticos ou
alimentos, polo que urxe a rápida limpeza destes puntos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo