O Partido Popular pregúntanse “ata onde vai chegar o furor privatizador da alcaldesa e o vicealcalde de Lugo” recriminándolles que “en vez de poñer coto ás externalizacións continúen asfixiando servizos como o de augas”. Estas declaración facías a o voceiro popular “tras coñecerse que PSOE e BNG van a privatizar a atención das avarías na rede de auga”.
Para Ramón Carballo “a privatización do servizo que atende ás urxencias como reventóns de tuberías ou cortes de auga agocha a política de desmantelamento, seguida nos últimos 20 anos, polos gobernos socialistas: conseguiron desmantelar brigadas como a de augas que funcionaba perfectamente ou a dos electromecánicos, a brigada de saneamento …”. O voceiro popular reflexionaba “a alcaldesa socialista prefire privatizar os traballos extraordinarios antes que reorganizar o servizo municipal e antes de pagar horas extra a actual plantilla”
Os populares aclaran que “en canto á brigada de augas a situación é aínda máis rocambolesca, hai unha decena de traballadores aos que o goberno local se nega a pagárllelas gardas que lles deben hai anos, e tamén se negan a que presten servizos ou gardas localizadas pero, sorprendentemente, non lles doe en prenda gastar 121.000 euros para privatizar unha parte do servizo”. Carballo explicaba que “por menos de 60.000€ ao ano, en concepto de plus de dispoñibilidade, gardas 24 horas e horas extra, os traballadores prestarían o servizo” lamentando que “desprecen esta alternativa e prefiran gastar o dobre contratando a unha empresa que non coñece ao detalle a rede de auga como estes operarios”.
O voceiro popular concluía “Lara Méndez segue os costumes do caciquismo moderno implantado no concello de Lugo, desmantelando todos os servizos municipais, para contratar a empresas que fagan o mesmo que os traballadores municipais que xa temos, pero ao triplo do custe”.
Mai 25, 2020 - 09:53 PM
Vaia paiasiño
Mai 25, 2020 - 03:44 PM
está o monchito este para falar de privatizacións
Mai 25, 2020 - 02:22 PM
Sempre falan os máis apropiados!!!!??