O PP desvela que o Goberno Municipal ten sen contratar o 90% dos investimentos prometidos

Antonio Ameijide explicou “que despois de realizar un chequeo de toda a información que aparece no perfil do contratante tan só se sacaron a contratación 12 obras de todas as anunciadas no plan de investimentos anunciado por Lara Méndez despois de aprobar os orzamentos”. O popular denunciou que só pretenden executar o 10,5% (1.431.745,85€) de todo o plan de inversións (13.647.565,23€) que “venderon” como o máis ambicioso da última década pero que “vai quedar en papel mollado”.

O popular denuncia que a só catro meses para o remate do ano o 90% do plan de inversión está sen licitar, o que demostra “a escasa vontade” e “acredita a parálise” de Lara Méndez na xestión municipal e na contratación das obras anunciadas tempo atrás.

De todas esas actuacións anunciadas, en materia de accesibilidade só executaron o 8% do proxectado, ao investir 28.000 dos 350.000€ reservados para este fin. Pero hai proxectos moi agardados pola cidadanía e que presentan “unha inversión nula”. Entre estes proxectos “atopase a urbanización dos terreos reservados para o novo colexio do Sagrado Corazón, o ascensor comprometido hai anos polo PSOE para este barrio, a creación de novos parques infantís ou a cuberta do parque de Augas Férreas ou a biblioteca da Piringalla”, asemade tamén nomeu a praia fluvial “unha dotación moi demandada pola cidadanía”.

Antonio Ameijide tamén analizou os fondos reservados para o plan Edusi. Neste caso, de momento, só se contrataron algúns dos proxectos a desenvolver, sendo o resultado “toques de atención” ao equipo de goberno xa que nalgún caso, como na pasarela sobre a N-VI, non se trata da mellor solución, de acordo coa empresa redactora, e noutros casos, como na Volta da Viña, a intención do equipo de goberno “non é viable ou e ineficiente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo