" />

O PP di que o “bigoberno” non limpa as fincas municipais

Na comisión de urbanismo que se celebrou esta mañá o goberno local a preguntas do PP, “recoñeceu que non saben que parcelas municipais limparon, nin as que faltan por limpar”

O PP acusa “ao bigoberno de tomarse á lixeira o plan de limpeza da cidade para eliminar a maleza das fincas municipais. A esta conclusión chegan “tralas contestacións ás preguntas formuladas hoxe en comisión nas que por un lado confirmase que desbrozaron a práctica totalidade das parcelas” e, por outro, din que “para cuantificar as que faltan precisarían puntealas nun listado. En resumo, se están desbrozando en base a este listado como se entenden que non saiban as que quedan, eles mesmos contradícense”, reflexionaba Ameijide.

Por outra parte, o goberno local confirmou que “en todo o mandato non houbo nin unha soa sanción, nin tampouco desbrozaron nin unha soa finca de forma subsidiaria”.

Ameijide explicaba que “ante o elevado risco de incendio, derivado da gran acumulación de maleza, o Concello de Lugo, podería en cumprimento da actualización da lexislación autonómica de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, realizar a execución subsidiaria de acordo co establecido no artigo 22 desta lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo