O PP estuda cos veciños da Milagrosa a modificación do tráfico do barrio

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, desvelou que onte pola tarde o seu grupo mantivo unha xuntanza con veciños da Milagrosa para abordar as modificacións que o goberno de Lara Méndez pretende realizar no barrio para redistribuír o tráfico trala obra de peonalización da Praza da Milagrosa.

Antonio Ameijide destacou a xuntanza como “moi positiva e enriquecedora” xa que é a propia xente que vive na Milagrosa “a que mellor pode avaliar as vantaxes e  desvantaxes dos trocos propostos polobipartito”.

Para o concelleiro popular este plan de reordenación do tráfico na Milagrosa “chega tarde”. “É a primeira vez na miña vida que vexo un proxecto dunha obra de peonalización e urbanización dunha praza que carece dun plan de reordenación do tráfico temporal, a executar durante a obra, e outro definitivo, tralo remate dos  traballos. Isto xa di moito da chapuza que fixeron na Milagrosa”, afirmou.

No que se refire ao propio plan, o vicevoceiro popular sinala que “ten puntos interesantes” pero hai outros que habería que cambiar, como cambiar a rúa Perpetuo Socorro para que sexa de entrada dende a Avenida da Coruña, xa que o único que fai é “illar aos veciños do barrio Feijoo” xa que deste xeito so poderían saír do barrio por Otero Pedrayo ou por Río Narla.

Ademais de manter o actual sentido de circulación que ten a rúa Perpetuo Socorro, dende o Grupo Popular  svogan por realizar outras modificacións neste plan de tráfico.

Unha delas sería aproveitar o carril de incorporación que hai na actualidade na Avenida da Coruña cara a rúa Mallorca. Deste xeito poderíase trocar o sentido de circulación e habilitar un xiro cara a rúa San Lorenzo para facilitar o acceso ao barrio Feijóo e, deste xeito, un pouco máis adiante, habilitar unha parte do carril sobrante para facer unha zona de carga e descarga. “Sería positivo habilitar esta zona para os repartidores xa que é unha zona saturada de tráfico na que se atopan un supermercado, varios establecementos de hostalería e diferentes negocios que reciben mercancía durante todo o día”, explicou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo