O PP gaña na provincia, pero o PSOE queda con posibilidades de Gobernar en 28 Concellos

Resaca electoral na provincia de Lugo e día para reflexionar en moitos dos concellos. O partido máis votado polos cidadáns volve ser o Partido Popular, quen conseguiría 30 alcaldías das 67 ás que poderían obtar. Mentres, o PSOE, asegurou cos resultados de onte 19 aínda que podería conseguir, mediante pactos, ata 28 alcaldías. Pola súa banda, o terceiro partido máis votado na provincia, o BNG, faríase con 2 alcaldías sen necesidade de pactos. O resto de concellos quedarían

Neste senso, e segundo os partidos xudiciais, a Deputación quedaría cunha estrutura moi similar a acadada nas pasadas eleccións. Así, o PP conseguiría 12 escanos, ao gañar nos partidos xudicias de Mondoñedo e Lugo (3 e 6 deputados respectivamente) e igualar aos socialistas nos de Chantada, Monforte e Vilalba (un deputado cada un).

O PSOE podería continuar gobernando na Deputación tras conseguir 10 deputados (un menos que na pasada lexislatura) sempre e cando conte co apoio do BNG que, grazas ao éxito acadado na capital, gañaría un deputado, quedando con 3.

Esta mañá o secretario xeral do PSdeG en Lugo, Álvaro Santos, explicou que “estes resultados implican que ademais de gobernar en 28 Concellos, poderemos cogobernar noutros 4″. Facía así referencia o socialista aos concellos do Páramo, no que gañou unha formación independente; Muras, con empate a 4 edís entre BNG e PP, ; Barreiros, cun empate a 5 concelleiros entre BNG e PP; e Rábade, no que gañou unha forza independente).

Para Santos Ramos, trátase dunha “mellora cuantitativa”, pasando dos 29 gobernos municipais en 2015, aos posibles 32 deste ano, se saen adiante todos os pactos. “Outro dos datos que hai que ter en conta é que pasamos de ter 17 maiorías absolutas a 19 nestes comicios”. O PSOE ten maioría absoluta en Alfoz, Castroverde, Cervantes, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Meira, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Trabada e Xermade; e pode liderar gobernos en Burela, A Fonsagrada, Foz, Monterroso, Lugo, A Pastoriza, O Valadouro, Vilalba e Viveiro.

Pola súa banda, o PP tería maioría absoluta en Abadín, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Begonte, Bóveda, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Chantada, Cospeito, Friol, Guntín, Mondoñedo, O Incio, O Saviñao, O Vicedo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, Paradela, Portomarín, Quiroga, Riotorto, Sober, Taboada, Triacastela e Xove. Ademáis, podería liderar goberno en O Corgo.

O BNG gobernará na Pobra do Brollón e Ribadeo e, de contar cos apoios do PSOE, podería facerse co bastón de mando en Barreiros e Muras.

Os concellos de Becerreá, O Páramo, Monterroso e Sarria, serán gobernados por forzas independientes (Galicia Sempre, AE Todo polo Páramo, IxM e Camiño Sarria, respectivamente).

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com