" />

O PP inicia unha campaña de sinaturas para que se abra o Auditorio de Magoi

O Partido Popular de Lugo volveu hoxe a rúa a protagonizar unha nova acción para visibilizar o malestar que hai entre a cidadanía da capital para que se abra o novo Auditorio de Magoi. O voceiro popular Ramón Carballo explicou que “hai tres feitos obxectivos: temos un edificio punteiro no que se investiron 25 M€, temos unha dotación
cultural construída e equipada con dispositivos de última xeración e, en terceiro lugar, esta infraestructura é dende hai un ano e sete meses propiedade do Concello de Lugo”.

“Ata que non abran o auditorio seguiremos reivindicando a súa posta en funcionamento” manifestou Carballo quen subliñou que “o único que pretendemos con esta recollida de sinaturas presencial e virtual a través da plataforma change.org é conseguir que a alcaldesa deixe de botar balóns fóra e facerse a vítima para tapar a súa falta de xestión”. Os populares lembran que o PSOE e o BNG o 23 de xuño de 2019 asinaron a acta de recepción do edificio “se tan mal estaba non comprendemos os motivos polos que o recepcionaron” engadindo que “o que non é de recibo é que, a estas alturas, non empezasen nin as obras que pregonan se necesitan para a súa posta en funcionamento”.

Carballo concluía que “a deixamento de funcións da alcaldesa de Lugo e do seu socio de goberno supón un desprezo para a cultura local, para os veciños do barrio e para toda a cidadanía en xeral”. “Dende logo que deste xeito non defende nin á industria cultural, nin aos artistas, nin aos músicos, nin aos actores …” subliñaba o voceiro do PP.

Pola súa banda, a Presidenta Provincial Elena Candia pediu ao bigoberno de Lugo “que abandone a actitude de confrontación coa Xunta” e explicou que “a situación do novo auditorio de Lugo é un dos exemplos da falta de xestión do bigoberno” asegurando que “estas firmas suporán reafirmar a nosa demanda de que os lucenses non queren convivir cun lugar desatendido, pechado e esquecido, senón que queren que a cultura sexa un mecanismo para conseguir un Lugo centrado nas persoas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo