" />

O PP insta a Tomé a escoitar as queixas dos veciños do Sur de Lugo e reparar as estradas provinciais en mal estado

“En toda a provincia hai lucenses que están fartos de ter que circular por estradas dependentes da Deputación que están en estado lamentable, con afundimentos perigosos, numerosas e grandes fochancas e sen sinalizar horizontalmente ou malamente sinalizadas”. Así o indica o portavoz popular, Javier Castiñeira, que destaca que “o mal estado da rede provincial de estradas non deixa de ser motivo de queixas, que os veciños desta provincia fan chegar ao grupo provincial do PP para que lles dea visibilidade”.

Castiñeira di que a zona sur da provincia “está moi penalizada pola inacción do delegado de Vías e Obras da Deputación, o señor Tomé, presidente da Deputación”. Explica: “Referímonos neste caso a estradas provinciais de concellos do sur da provincia, nos que os veciños ven como o seu conveciño Tomé os ten absolutamente desamparados. Falamos da LU-P 4707, na Pobra de Brollón, que ten o firme totalmente desfeito nalgún tramo, e das LU-P 1801 e LU-P 1805 en Chantada, que son un verdadeiro calvario para os seis usuarios”.

Os populares pregúntase que fai o delegado de Vías e Obras. “E a resposta é que o señor Tomé, en vez de visitar esas
estradas e velas cheas de fochancas, prefire o olor do alcatrán e da pintura nas inauguracións das poucas reparacións que está a facer das estradas provinciais”.

Javier Castiñeira lembra que “o PP de Lugo pediu na Deputación un plan de estradas, como o que se fixo para o período 2017-2019, para solucionar este problema a corto e medio prazo; o goberno bipartito opúxose, o que desencadeou a xa famosa protesta dos alcaldes cos cascos”.

No PP esperan “que a solución do goberno provincial ao mal estado das súas estradas non sexa a mesma que propón o Goberno de Pedro Sánchez para as autoestradas, que é cobrar peaxes aos usuarios para poder mantelas”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Mai 16, 2021 - 07:37 PM

    O caralho, e que escoite!!!!!!?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo