" />

O PP intentará que a Deputación abra unha liña de axudas directas ás orquestras

As limitacións que a crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19 impón á vida social ten unha moi forte incidencia en moitos sectores da economía lucense. Un dos máis afectados é o das orquestras, pola suspensión de festas e verbenas. As da provincia de Lugo atravesan un momento “tan difícil” que incluso algunha podería chegar a desaparecer. O PP lucense, presidido por Elena Candia, xa ten manifestada a súa sincera preocupación pola situación na que se atopan estas agrupación musicais. En consecuencia, os populares cren que é preciso establecer algunhas liñas de axudas para as orquestras lucenses.

Neste sentido, o grupo provincial popular, que ten por portavoz a Javier Castiñeira, presentará unha iniciativa na Deputación co fin de que este organismo abra una liña de axudas directas a estes colectivos, que en Lugo son máis de vinte e acollen a moitos instrumentistas saídos das escolas de música.

Castiñeira mantivo unha conversa telefónica con Manuel Fariña, presidente da Asociacións de Orquestras de Galicia. Coñecida a situación do sector, o portavoz popular anunciou a presentación dunha iniciativa na Deputación. Sinala que o organismo provincial ten en Cultura partidas para financiar festas que, debido á covid-19, non se celebrarán. Os cartos que non se gasten neste fin, deben ser, segundo indica Castiñeira, convertidos en axudas directas ás orquestras; non tería ningún sentido -di o portavoz popular- que, tendo tantas dificultades as orquestras, os cartos non gastados nas festas pasaran a engrosar o remanente da Deputación.

A preocupación do PP lucense polas orquestras non é nova. En abril do 2019 defendeu e sacou adiante unha moción na Deputación con dous obxectivos: por un lado, que o organismo provincial mostrara o seu apoio ao recoñecemento das festas parroquiais galegas como Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia na súa categoría de Ben de Interese Cultural. Por outra parte, que a Deputación colaborara coa Asociación Galega de Orquestras e promocionara e divulgara a recollida de sinaturas para apoiar a solicitude de que as festas parroquias galegas sexan recoñecidas como Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. A situación das orquestras de Galicia é “tan difícil” que nos próximos días participarán nunha manifestación en Madrid para solicitar apoio institucional, para poder sobrevivir a crise do sector provocada pola pandemia.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Javier Jorge Castiñeira
    Xul 07, 2020 - 09:27 AM

    @PPdeLugo @depulugo Os medios fan eco da situación. https://t.co/BGmdTR2IbA

    Reply
  2. Avatar
    Javier Jorge Castiñeira
    Xul 06, 2020 - 10:29 PM

    @PPdeLugo @depulugo En solidariedade co gremio de orquestras e grupos musicais Lucenses. Son moitas a… https://t.co/bW2F0WvOz2

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo