O PP lamenta que “o caciquismo moderno de Liñares” sexa a “folla de ruta dos contratos menores” do Concello

O Grupo Popular que solicitou hai 16 días acceso a 77 expedientes de contratos menores seguen sen ter a información requerida polo que hoxe fixeron unha petición “por cuatriplicado á alcaldesa, á responsable de economía e aos departamentos de intervención e tesourería para que completen a documentación relativa aos 1.343 contratos menores que PSOE e BNG fixeron en 2020 e nos que gastaron 6,7M€” engadindo que “queremos que certifique se os datos son reais ou falsos como confirmou Mauricio Repetto”. “Vémonos obrigados a facer esta petición porque no concello de Lugo non lles interesa ter a un responsable de transparencia que vele pola claridade neste tipo de procedementos e se despreocupan de que a documentación publicada cumpra cos mínimos esixidos pola lexislación, que teñen que ocultar” manifestou o vicevoceiro popular.

Para Antonio Ameijide “resulta vergoñento e triste que nos últimos anos, no concello de Lugo cada vez haxa máis opacidade e se abuse desta fórmula administrativa que debería únicamente usarse para imprevistos”. Dende o PP nos últimos meses denunciamos varios casos de fraccionamentos, ou de facturas ao límite da cifra legal, para dárlle a dedo traballos a afíns do bipartito”.

“O caciquismo moderno que inaugurou o señor Liñares, que hoxe está sentado no banquillo, semella ser a súa folla de ruta deste bigoberno” matizando que “é lamentable que o Lara Méndez non corrixa este tipo de prácticas pero é moito máis desprezable que Rubén Arroxo, que tanto criticou este modelo, se sume ao carro, e todavía o faga peor, tecendo una rede de contratos menores a dedo posiblemente para financiar a afíns ao BNG”.

O Grupo Popular o único que quere saber é se a alcaldesa socialista e o vicealcalde nacionalista “fixeron máis compras falsas ou compras que xustifican en documentos oficiais e logo non aparece o material”. Ameijide matizaba que “queremos saber algo tan simple como se a información facilitada é veraz e recolle os datos de todos os contratos realmente realizados, ou se pola contra falsea a realidade como afirmou Mauricio Repetto cando acreditaba que varios contratos que figuraban nesta listaxe, non existiron, e xustificouse con outros que non figuran nos listados.

O Partido Popular tamén solicitou por escrito, ata en tres ocasións, toda a listaxe de contratos menores realizados no ano 2019 sen que ata o de agora ninguén lle facilitase esta información, probablemente porque queren agochar contratacións máis que cuestionables como as que destapamos do ano 2020.

Novas relacionadas

  1. Luis Díaz
    Feb 25, 2021 - 01:03 PM

    El tal Liñares es un personaje desaprovechado en todo su “potencial” por no haber sido del PP.

    Reply
  2. Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 24, 2021 - 05:13 PM

    Hay que pouco os lembrade de D. Tomás!!!!!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com