" />

O PP municipal recollerá as queixas dos veciños do rural ante o novo modelo de bus urbano

O Grupo Municipal Popular anunciou esta mañá que se reunirá cos veciños do rural da cidade para recoller as queixas que esta veciñanza ten con respecto ao novo modelo de bus urbano presentado hai uns días polo Concello.

Os edís populares apostan por fortalecer o servizos de bus urbano, especialmente o que afecta a zona rural; nese senso, o partido presentou un Rogo en Comisión o pasado mes de decembro no que se pedía que a liña de bus que vai a Nadela se ampliara ata Santa Comba. O equipo de goberno comprometeuse a levar a cabo esta proposta pero a realidade dos feitos, din os populares, é que no plan de transporte non aparece reflectido.

O PP xa denunciou que o plan de transporte urbano que pretende implantar o PSOE non resolvía os problemas existentes e que non era unha alternativa eficaz ao transporte privado, polo que presentou un escrito o pasado 26 de xuño solicitando a convocatoria da Mesa de Traballo en materia de transportes, co fin de dar solución as múltiples carencias do transporte de bus e tratar, entre outros asuntos a gratuidade dos autobuses urbanos para menores de idade, persoas con escasos recursos, xubilados e pensionistas; a creación de bonos semanais, mensuais e anuais ou o deseño dun plano-guía do transporte urbano para dar información dun xeito intuitivo acerca das liñas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo