" />

O PP pide a colocación de cámaras de vixilancia no aparcadoiro municipal do HULA para poñer coto aos Gorrillas

Os gorrillas do HULA continúan a ser unha problemática na cidade de Lugo para moitos usuarios do centro hospitalario que ante as presas e o medo a que lle pase algo ao seu vehículo, non ven outra solución que pagar a aquelas persoas que insisten en amosar os espazos baleiros de aparcamento ao redor da zona hospitalaria. Tanto é así que o pleno do Concello de Lugo debatiu en diferentes ocasións formas para atallar este problema. 

Pois ben, hoxe, o edil do PP no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, pedía á rexedora a colocación de cámaras de vixilancia no aparcadoiro municipal fronte ao Hospital, así como máis presenza policial e a creación dunha ordenanza de civismo que axuden a poñer coto a esta situación de extorsión que os gorrillas continuan a realizar. Ameijide advirte que nos últimos días aviváronse de novo as críticas da veciñanza ante esta situación que, segundo o popular, dáse co beneplácito dos dous grupos de Goberno, que non a atallan.

Unha situación que tamén propiciou unha investigación por parte da Valedora do Pobo, ante a indefensión á que están sometidos os lucenses que sofren a extorsión diaria dos gorrillas no leirapárking do Hula, xa que son varios os lucenses que sufriron danos nos seus vehículos por no acceder ás chantaxes dos gorrillas.

Ante esta situación, Antonio Ameijide propón ao goberno local a instalación de cámaras de vixilancia para poñer freo a esta situación ou, polo menos, axudar á identificación daquelas persoas que tentan extorsionar aos lucenses polo simple feito de aparcar os seus vehículos nunha parcela municipal.

Para o vicevoceiro popular esta proposta non debería de supoñer ningún problema para o goberno local, a que outros aparcadoiros municipais, como os soterrados das Prazas do Ferrol, Constitución e Santo Domingo contan cos seus respectivos sistemas de videovixilancia. Unha situación que se engade ao nefasto estado de mantemento no que se atopa o leirapárking, unha infraestrutura que dende a súa apertura en 2018 xa sufriu dúas intervencións para reparar as súas deficiencias. A
primeira das obras, realizouna a propia empresa encargada da obra, xa que se atopaba en período de garantía, pero o segundo arranxo tivo que realizalo o propio goberno local no ano 2019, debido ao gran deterioro sufrido neste aparcadoiro, que provocou que pasase a ser denominado como “lamapárking”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    lucusbering
    Xan 22, 2021 - 06:09 PM

    Año 2034 las autoridades competentes inauguran La Estatua al Gorrilla desconocido…..

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo