" />

O PP pide a Méndez apoios para que Sánchez aboe a “débeda con Galicia” xa que “do contrario sería

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, afirma que o seu grupo defenderá no pleno unha moción de urxencia dirixida a que o Concello amose o seu apoio á Xunta de Galicia na reclamación ao Estado da liquidación dunha mensualidade do IVE de 2017, 200 millóns de euros, e négase a pagar os incentivos que lle corresponden a Galicia polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018, 170 millóns de euros.

Por iso, Ramón Carballo sinala que “é preciso declarar o apoio do Concello de Lugo á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que ingrese as contías do IVE” non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do sistema de Información Inmediata e manifestar un apoio firme e decidido á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España dunha convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.

O voceiro popular sinala que “para dar máis forza” a esta reclamación da Xunta, “sería preciso” dar traslado destes acordos ao Goberno de España, á Xunta de Galicia e aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos deputados e do Parlamento de Galicia.

Para Ramón Carballo, as actuacións e declaración públicas realizadas o pasado martes trala reunión do consello de ministros, son “inadmisibles” xa que a ministra de Facenda e portavoz do goberno indicou que era unha cuestión que “tocaba no ano 2019” e que “xa se perdeu a oportunidade de poder resarcir”.

Esta explicación, segundo populares, “non só carece de fundamento xurídico algún, senón que supón romper o compromiso que a propia ministra asumiu persoalmente en agosto de 2018” e que levou á Xunta de Galicia a prever eses ingresos nos seus orzamentos.

Ramón Carballo agarda que todos os grupos que forman parte da corporación lucense apoien esta iniciativa xa que o impacto económico desta decisión do Goberno central “afecta directamente ao sistema de financiamento autonómico”, e por ende a todos os galegos, e pode supor ademais unha perda de recursos para os veciños do noso concello, polo que “esta corporación non pode permanecer allea a esta reivindicación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo