" />

O PP pide ao Goberno que se envíen cantos antes as cartas de aviso de pago do IBI

O Grupo Municipal do PP, facéndose eco das queixas de veciños de Lugo polo retraso do goberno local en enviar os recibos do imposto de bens inmobles aos domicilios, pide “que se envíen canto antes para que os lucenses, que non teñen domiciliado o recibo do IBI, poidan aboalos canto antes”.
O voceiro popular Ramón Carballo explicou que o 20 de maio arrancou o prazo voluntario para pagar o IBI e que “xa pasaron 45 días dende que se abriu o período para aboar este imposto sen que chegaran os recibos aos domicilios”. O popular advirte “que quedan unicamente 14 días para que remate este prazo e se apliquen recargos porque o 21 de xullo remata o período de pago voluntario”.
Os populares indican que hai lucenses, que non teñen domiciliado este recibo, e que teñen medo de que o manden no último momento o que podería dificultar o seu pagamento provocando recargos no imposto.
Carballo explica que “algúns poden estar fóra de vacacións, e outros veránse obrigados a gardar interminables colas nos bancos, que se sumarán as que xa hai habitualmente por mor do covid”. De feito sinalan como problema engadido
que “agora os lucenses para pedir impreso de calquera recibo teñen que pasar como mínimo dous días porque deben primeiro solicitar cita presencial no 010,
logo pasar a consulta co funcionario e esperar a que lles emitan o recibo”.
Os populares aclaran que “as cartas de aviso que conteñen o recibo do IBI e que ainda non chegaron ao domicilio dos contribuíntes lucenses non son obrigatorias, pero si é algo que se fai de forma habitual polo concello de Lugo”. Carballo manifestou que “sen dita notificación informativa os veciños e veciñas corren o risco de non pagar dentro do prazo e ter que facer fronte aos intereses de demora”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Xuñ 30, 2020 - 12:47 PM

    E de paso que pida os Bancos colaboradores co concello a obligatoriedade dos mesmos en cobrar ditos recibos en mostrador, os cidadans non somos empledos deles pa xestionar administrativamente dito cobro nos caixeiros da rúa. O Banco de Sabadell é un dos que se nega, xa recibirán una notificación do Banco de España obligándolles a elo. A o concello xa se lle enviaron queixas ao respeito por duas veces, a ver si son quen de respostar con un criterio claro.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo