" />

O PP pide que se complete o abastecemento de auga en Orbazai

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, pediu esta mañá en rolda de prensa que o Concello de Lugo complete, “canto antes”, a rede de abastecemento de Orbazai para aqueles núcleos da parroquia que aínda non teñen servizo de auga.

Trátase, en concreto, de Malladoira, Taboelle, O Cabalo, O Vilar, Penarrubia e Areosa, ubicados na parte alta da parroquia e que, a diferenza dos residentes dos outros núcleos da parroquia de Orbazai, seguen  sen dispoñer deste servizo esencial.

“Estamos a falar dunha actuación da que se beneficiarían directamente unhas 40 vivendas e que, ademais, ten un custe económico perfectamente asumible por parte do Concello de Lugo”, explicou, polo que urxiu aos socialistas a licitar e executar as obras “con certa urxencia”.

Así mesmo, o voceiro popular incidiu en que se trata “dunha vella reivindicación veciñal”, ao tempo que lembrou que “foi un compromiso electoral do PSOE na última campaña”. “Quero pensar que a alcaldesa non está castigando sen este servizo aos veciños destes núcleos por intentar desmarcarse das promesas do anterior alcalde, porque dos votos que el colleitou ben que se serviu”, apuntou Castiñeira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo