" />

O PP pide que se mellore a drenaxe e o mantemento dos canís municipais

O Partido Popular denuncia que “como consecuencia da mala drenaxe e o nulo mantemento hai canís en Lugo que son inpracticables”. O concelleiro popular Óscar Poy manifestou que o que presenta un estado máis lamentable é o que está en Frigsa “unha zona de esparcemento para estes animais que o goberno local abandonou hai moitos meses e que ofrece unha imaxe que propicia que ningún
propietario dun can se atreva a empregar esta instalación”.

Óscar Poy explicaba que “é comprensible que os usuarios se queixen porque os cans que entran neste canil se ensucian de arriba a abaixo e o máis grave é que hai pozas cunha profundidade de varios centímetros que poden ser trampas para as mascotas, que mesmo poden chegar a
romperse unha pata”.
Outras deficiencias do canil, ademáis das pozas e da ausencia de céspede é “a deprimente á marquesina vella, rota e deteriorada” que se
colocou para resgardar aos propietarios dos animais que “xa non serve nin para que calquera persoa que se atreva a entrar neste punto co seu can poida gorecerse da choiva”.
Co ánimo de mudar a situación deste canil os populares pedirán melloras na drenaxe en todas as infraestructuras que hai para soltar aos cans así como facer un mantemento periódico para evitar chegar á situación no que está o de Frigsa que Poy bautizou como “lamaparking para perros”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo