O PP pide unha boca de incendio nun núcleo de Meilán inaccesible para os bombeiros

O edil do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, súmase á demanda da trintena de veciños que viven na Barreira, na parroquia da Tolda de Meilán, para que se repoña a boca de incendios que había neste lugar. López explica que “hai preocupación porque no caso de declararse un incendio, nunha da ducia de casas que hai neste punto, os veciños terían que sufocar as lapas con medios propios xa que a zona é inaccesible para o camión de bombeiros”.

Outra das demandas desta zona ten que ver co mal estado da pista que discurre entre Milleirós e a Tolda de Milleirós. Manuel López solicita aos socialistas que axilicen os traballos de reparación das fochancas que hai nesta vía, que xa está contratada a través do Plan Único da Deputación por un importe de 81.067 €, e que segundo os prazos do contrato tería que estar concluída antes do día 28 deste mes.

Manuel López explicou que “estamos falando dunha vía que discurre paralela á zona industrial da Nacional VI e que rexistra un importante volume de tráfico rodado” matizou o popular. O firme desta pista está plagado de baches e a terra e a maleza tupe as cunetas convertindo o traxecto nun perigo para os conductores que se ven obrigados a sortear fochancas de gran tamaño e profundidade”.

López explicou que “é unha tomadura de pelo e unha provocación” que, esta mesma semana, mentres os veciños esperan polo asfaltado en aglomerado en quente envíen á brigada de obras a reparar unicamente dous dos baches desta vía. O edil do PP manifestou que “parece que se están rindo deles en vez de solucionarlles dunha vez por todas o problema de acesibilidade que teñen nesta zona”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo