O PP pon en marcha un contador dixital que lembra os 240 días que leva pechado o novo auditorio

O Grupo Municipal do Partido Popular visualizou cun contador dixital, no que se marcan os 240 días que pasaron dende que o concello de Lugo recibiu de mans da Xunta o novo auditorio de Magoi, a situación de abandono que, segundo os populares, sofre esta infraestructura por parte da alcaldesa de Lugo. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide e a concelleira Beatriz Vázquez lembraron que se “cumpren oito meses dende o acto de recepción do auditorio e catro anos dende que se rematou a obra sen que os partidos no goberno sexan quen de poñer en marcha esta infraestructura”.

Os populares explicaron que cada mes, coincidindo coa data de entrega do inmoble que foi o 23 de xuño de 2020, farán accións de denuncia pública para reclamar a apertura e a posta en funcionamento desta infraestructura.

“Todo apunta a que PSOE e BNG teñen medo a abrir o auditorio porque non teñen ningún plan nin saben que contido lle van dar” destacaba Ameijide quen indicou que “primeiro, a loita de poderes entre PSOE e BNG e, en segundo lugar, porque ningunha pata do bigoberno sabe que contido dárlle, nin que modelo de xestión van seguir”. O popular manifestou que “non sabemos nin de que depende, estarán repartindo os contratos a dedo que van dar para o PSOE e para a rede de afíns do BNG en cultura”. Pola súa banda Beatriz Vázquez apuntou que “cada día que pasa empeora tanto a situación exterior do edificio, que ofrece unha imaxe desanxelada, como no seu interior onde a falta de ventilación e mantemento está provocando danos ao edificio que logo teremos que pagar todos os lucenses”.

Os populares manifestaron como que, nestes tempos covid, o novo auditorio  “é unha magnífica infraestructura cultural para controlar o aforo e dar  cumprimento das medidas sanitarias de seguridade”. Os populares recriminan que socialistas e nacionalistas “se pechen en banda e nin tan sequera accedesen á petición que fixemos en comisión para retirar o peche perimetral do edificio, que nalgúns puntos está moi deteriorado. Con este simple xesto gañaríanse espazos para os veciños do barrio mentres non se pon en funcionamento esta dotación”.

O novo auditorio de Lugo supuxo un investimento de 25 M€ para o que se contou con fondos do plan Urbe xestionado pola Xunta. A infraestructura ten case 20.000 m2 repartidos en diferentes salas, unha delas conta cunha capacidade para 900 espectadores.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 24, 2021 - 11:40 AM

    O que é, e unha vergoña, ti por min eu por ti, e os prexudicados os veciños. Nin un son goberno, nin outros oposición.
    Os cartos que non son de un son moi fáciles de dministrar, verdad Larita! Si fosen teus non habías ter tanto capricho, e habías ter máis celo do que faría. Non señas hipócrita e fai para os outros o que faría para ti

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com