" />

O PP pon en marcha unha campaña de recollida de firmas para que se abra o auditorio de Magoi

O Partido Popular poñerá en marcha esta semana unha campaña de recollida de firmas para presionar á alcaldesa de Lugo a que abra o Auditorio de Magoi antes de que se deteriore a instalación por falta de uso.

Os populares sairán á rúa para pedir o apoio aos veciños e veciñas de Lugo co ánimo de que se abra canto antes este edificio no que se investiron 25 M€. Para facilitar a recollida de firmas montarase unha carpa que itinerará por todos os barrios da cidade.

Ademais da recollida física dos apoios tamén se dará a posibilidade aos veciños e veciñas de Lugo a sumarse a esta reivindicación a través da plataforma Change.org.  Os populares lembran que o seu grupo leva desde hai un ano protagonizando accións para visibilizar que Lugo ten unha infraestrutura de nivel pechada baixo sete chaves. “A alcaldesa non pode desculparse con que hai deficiencias xa que leva un ano e sete meses para solucionalas, a pelota está no seu tellado e non hai escusas que vallan”.

Desde o PP queren que esta recollida de firmas sexa un reflexo da voz dos cidadáns para activar ao goberno local e facelo rectificar para que converta este edificio no ágora cultural que Lugo merece. Para o Grupo Popular do Concello de Lugo “é necesario abrir canto antes as portas deste auditorio para dar oportunidades ao talento das nosas agrupacións culturais, musicais, teatrais e que o seu funcionamento tamén contribuirá á promoción de industrias culturais e creativas”.

Por último, os populares cren que “xa imos tarde porque agora teriamos que estar a falar de proporcionar un contido de calidade a este auditorio” polo que piden á alcaldesa que “cambie de perspectiva e que vexa nesta dotación unha oportunidade para que o auditorio de Magoi sexa un revulsivo para a nosa economía”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo