O PP pregunta ao goberno local cales son os seus criterios á hora de resolver as licenzas de obra

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, pregunta ao goberno local polos criterios que seguen á hora de informar ou resolver as solicitudes de licenza de obra que reciben, “xa que se comprobou como xa se resolveron varias solicitudes de licenza rexistradas neste ano, a pesar de que hai outras pendentes de anos anteriores e o criterio a seguir é por orde de entrada de rexistro”.
Manuel López explica que “foi o propio concelleiro responsable da área de Urbanismo, Miguel Couto, o que desvelou esta situación, ao asegurar na comisión de Desenvolvemento Sostible do 24 de xullo que: dende o mes de xullo do 2019 ata o mes de xuño de 2020 (12 meses) os datos obtidos da BBDD de licencias arroxa os seguintes datos: Nos 6 meses de 2019 solicitáronse 11 licenzas de edificacións relativas a construccións de uso agrícola ou gandeiro, das cales 5 están resoltas por acordos da XGL (45,45%); en 2 emitíronse informes desfavorables por parte dos técnicos e notificáronse para a subsanación de deficiencias ou aportación de documentación adicional e 4 están pendentes de informar por parte dos técnicos municipais. En resumo un 63,63% das solicitudes foron xestionadas por parte dos distintos servizos municipais. Nos 6 meses do ano 2020 presentáronse 8 licenzas da mesma tipoloxía, das cales 2 xa están resoltas, outras 2 foron informadas desfavorablemente e notificadas para subsanacións, e 4 expedientes están pendentes de informe por parte dos servicios municipais. Se agregamos os dous períodos indicados conclúese que o 57% das solicitudes foron tramitadas polos servizos municipais”.
Ante esta situación, Manuel López pregunta”por que hai catro solicitudes pendentes de informe do ano 2019, mentres que outras presentadas no 2020 xa se resolveron”. “Gustaríanos saber cales son as directrices que seguen agora na área de Miguel Couto para resolver ou informar as solicitudes que chegan porque vemos que xa non se segue o criterio de orde de entrada, polo que quizais teña que explicar cal é o novo criterio a seguir”, sinala.
Ante esta situación, o concelleiro popular explica que hai outros veciños do rural que presentaron solicitudes en anos anteriores e que seguen agardando por unha resposta para saber se poden desenvolver os seus proxectos no rural, polo que “os veciños teñen dereito a saber como está a ordenar o traballo o concelleiro responsable de Urbanismo”, concluíu.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Ago 06, 2020 - 01:26 PM

    Co sueldazo de miseria que cobra este home no concello e sempre traballando a prol dos cidadans de Lugo. Unha medalla de San Froilan sería pouco pa tanta entrega.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com