O PP presenta unha proposición para frear os recurtes das conexións ferroviarias

O PP presentan unha iniciativa para frear recortes nas conexións da provincia. O concelleiro Rafael Pérez critica a estratexia de Sánchez que “aproveitando a situación creada polo covid deseñou un plan de transporte que incluiu a cancelación ou reducción da súa oferta relacionada cos trenes comerciais AVE, larga e media distancia e Avant”
O popular explicou que entre as 22 conexións que se desmantelan algunhas afectan directamente a Lugo xa que “entre os enlaces suprimidos están os trens hoteis que conectan Lugo con Barcelona e Madrid”.

Por ese motivo, dende o PP presentan unha iniciativa para “esixir ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que non utilice a situación derivada da covid-19 como escusa para incidir na discriminación ferroviaria que padece a nosa Comunidade, en xeral, e en especial, a Zona Sur da provincia de Lugo”. Tamén reclaman “demandar o
restablecemento inmediato de todos os servizos de tren que foron suprimidos, nomeadamente, a restitución e mesmo ampliación de frecuencias entre Lugo-Monforte-Ourense e con outros puntos de España como Madrid e Barcelona, entre outros”.

O terceiro punto desta proposición é “incrementar o cadro de persoal de maquinistas e dotar do persoal necesario os servizos ferroviarios que se prestan nestas liñas co obxectivo de ofrecer un transporte de tren de calidade aos usuarios”. E, por último, instan “a retomar o compromiso adquirido polo Goberno de Mariano Rajoy, sendo ministro Íñigo de la Serna, para a modernización da liña entre Lugo e Ourense que achegue aos cidadáns da provincia as vantaxes da alta velocidade”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Mariña Rodriguez Ferrer
    Xul 26, 2020 - 06:43 PM

    A boas horas.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com