" />
Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP propón melloras na regulación dos semáforos en dez puntos da cidade

O PP no Concello de Lugo propón cambios na regulación dos semáforos en dez puntos da cidade, que agrupou en catro bloques. En primeiro lugar, o vicevoceiro dos populares, Antonio Ameijide apelou á conveniencia de estudar a viabilidade de substituír os semáforos existentes por fórmulas alternativas como rotondas, en casos como a intersección de Avenida de Magoi con Campos Novos ou no cruce de Avenida de Magoi con Estrada da Granxa.

Paralelamente, o vicevoceiro popular referiuse á reubicación dos semáforos para reforzar a seguridade en cruces conflitivos, o que exemplifica no traslado dos dispositivos lumínicos que hoxe se atopan entre Perpetuo entre Perpetuo Socorro e a Avenida da Coruña, de xeito que pasasen á intersección “moito máis perigosa” entre Xulia Minguillón, Ramiro Rueda e a propia Avenida da Coruña.

Así mesmo, Ameijide incidiu na necesidade de instalar novos semáforos en cruces como o de Ángelo Colocci coa rúa Lavandeira, así como probablemente outros con ámbar para advertir do risco de interseccións especialmente difíciles como a de San Roque – Marina Española – Pena do Rei ou a de Bal y Gay – Xosé Castiñeira – Ronda das Mercedes – Xosé Novo Freire.

En cuarto lugar, o popular reclamou cambios na regulación semafórica, sobre todo nas frecuencias de paso;  é o caso da rúa Orquídea coa Avenida Breogán e desta mesma rúa coa Iglesia Alvariño tras o incremento da intensidade do tráfico que se produciu logo da entrada en funcionamento do centro comercial Abella.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo