O PP propón poñer en marcha un punto limpo móvil na zona rural

O Partido Popular propón ao concello que solicite a axuda que concede a Xunta de Galicia de 70.000 euros para poñer en marcha un punto limpo móvil para recollida de residuos de difícil reciclaxe na zona rural. Manuel López subliñou que “coa posta en servizo
deste sistema se contribuiría a reducir os vertedoiros ilegais que proliferan nas parroquias do municipio”.

Os populares explican que “os puntos limpos ambulantes brindan a posibilidade aos veciños de depositar de xeito selectivo aqueles residuos que habitualmente non se poden botar nos colectores ordinarios, coa vantaxa de que o fan ao lado da casa”. O camión deste punto limpo móvil leva unha plataforma con varios compartimentos que dan cabida a pilas, aceites, bombillas ou pequenos electrodomésticos e outros residuos.
O Partido Popular tamén solicitou ao goberno local que mentres non se implante este sistema se acometa o máis axiña posible a limpeza de vertedoiros incontrolados no rural.
O concelleiro popular Manuel López explicou que “é importante neutralizar estes vertedoiros que atopamos nas marxes dos camiños enumerando varios puntos conflictivos como Muxa, Coeo …” O popular tamén é partidario de que se leven a cabo campañas de
concienciación, “con cartelería nestes puntos para disuadir aos infractores de que están cometendo un delicto medio ambiental”.

O concelleiro do PP tamén reclamou que “se restableza a patrulla verde da policía para localizar de forma rápida os vertedoiros que aparezan e, unha vez detectados, nun prazo máximo dunha semana ou quince días levar a cabo a limpeza destes puntos para evitar o efecto chamada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com