O PP propón unha fronte común coa Plataforma Lugo Non Perdas o Tren na demanda de melloras

A presidenta do PP lucense, Elena Candia, propuxo esta mañá, tras manter unha reunión -na que tamén participou o senador José Manuel Barreiro- cunha ampla representación da Plataforma Lugo Non Perdas o Tren, “unha fronte común” para demandar melloras nos servizos ferroviarios da nosa provincia e “rexeitar a anulación dalgúns deles” como é o caso do peche da venda de billetes de xeito presencial nas estacións de Burela, Sarria e Viveiro.

“O Partido Popular ten demostrada nos distintos ámbitos institucionais e sociais a súa preocupación polas carencias infraestruturais e de servizos en materia ferroviaria”, segundo explicoua máxima dirixente dos populares lucenses que continuou advertindo que “a sociedade lucense está cansa de non dispoñer de servizos ferroviarios acordes ás necesidades da provincia”. Por iso, coincidindo nos obxectivos; o Partido Popular e a citada plataforma da que forma parte a Federación Provincial de Asociacións de Veciños que preside Jesús Vázquez, acordaron colaborar no desenvolvemento de iniciativas de distinto tipo para conseguir que a provincia de Lugo teña uns servizos ferroviarios que se correspondan coas necesidades reais.

Os populares e os membros da Plataforma coincidiron na necesidade de que se establezan prazos asumibles e cribles para a conexión de Lugo mediante AVE co resto de España. A reivindicación do AVE é plenamente compartida. Candia explicou que “en Lugo o AVE non está nin se lle espera”. Así o considera ante “os feitos que constatan o retraso da súa chegada a Galicia, como por exemplo, que o Goberno central non ofreza datas pechadas, ou cando menos aproximadas, que resulten cribles sobre a posta en funcionamento do servizo na nosa comunidade”.

Os problemas da provincia en materia ferroviaria non se limitan aos retrasos na posta en servizo do AVE; os servizos convencionais tropezan con múltiples e graves problemas de infraestruturas que fan que nalgunha temporada saían a unha media de incidencia por día. No final do ano pasado “quedou moi claro que o problema do estado das infraestruturas e dos medios mecánicos é realmente moi grave”. Como exemplo, a popular lembraba que o tren hotel procedente de Barcelona quedou atrapado, con 140 pasaxeiros, nun túnel moi cerca da provincia de Lugo, concretamente, no punto quilométrico 306+100, debido a un enganchón do pantógrafo, que fixo caer a catenaria sobre o propio tren.

Poucos días antes, moi cerca do punto onde ocorreu o percance, houbo outro incidente tamén debido a un enganchón do pantógrafo. Dous días despois de que o tren hotel de Barcelona quedará atrapado nun túnel, o tren de Madrid sufriu un notable retraso por fallo da máquina en Las Matas. Son so tres dos máis recentes exemplos da falta de calidade do tren que da servizo a Lugo.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 03, 2020 - 10:32 PM

    Son do que non hay. Contradición tras contradición. Así non se vai a ningúnha parte! Non somos imbeciles…….

    Reply
  2. Fuco
    Xan 03, 2020 - 07:24 PM

    @PPdeLugo Vaia jeta, do pp e dos aplaudidores…

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com