O PP urxe a Deputacióna a presentar o calendario de uso das instalacións deportivas

Os clubs deportivos precisan preparar a próxima tempada e, como parte fundamental da programación, necesitan coñecer que instalacións, cando e en que condicións poderán utilizar para os adestramentos. Por iso, resulta inaprazable que a Deputación presente o calendario de uso das súas instalacións deportivas. O deputado popular Óscar Poy presentará unha pregunta ao goberno provincial sobre este asunto.

Oscar Poy faise eco da preocupación que existe en moitos clubs deportivos de Lugo pola falta de información sobre o calendario de uso das instalacións deportivas da Deputación. Recorda que, “antes da declaración do estado de alarma, o deputado responsable de Deportes, o nacionalista Efrén Castro, comprometérase a mellorar o calendario con respecto á súa anterior versión”.

Segundo o deputado do PP “parece que, coa declaración do estado de alarma, o compromiso adquirido por Castro quedou en suspenso e os clubs están preocupados. Para preparar a nova tempada precisan coñecer cando poderán utilizar as instalacións deportivas para adestrar”.

A preocupación dos clubs é aínda maior porque non teñen claro que protocolo sanitario deberán seguir nas instalacións provinciais. Por iso, se quere saber se a Deputación ten elaborado algún protocolo específico para cada unha das súas instalacións deportivas ou se ten algunhas indicacións de carácter xeral.

Óscar Poy recorda que “a provincia de Lugo ten un gran número de clubs nas distintas especialidades e que as instalacións da Deputación xogan un papel fundamental para os adestramentos e competicións”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com