O PP urxe ao goberno local a que publique as bases de axudas para material escolar

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Mari Teijeiro, urxe ao goberno local “a que publique as bases que rexerán a convocatoria de axudas para material escolar para o vindeiro curso”. Mari Teijeiro recordou que “xa se realizou esta petición ao goberno local en pleno, pero aínda non fixeron nada. Semella que non se decatan da importancia que teñen estas axudas de 80€ para moitas familias que precisan delas para afrontar o inicio do curso escolar nun momento de esforzo económico ao coincidir con outros gastos propios do inicio do curso, como o vestiario”.

A concelleira popular lembrou que “isto non é a primeira vez que sucede. De feito o ano pasado non se convocaron estas axudas ata iniciado o curso escolar o que fixo que moitos nenos e nenas acudiran á escola sen o material necesario”.

Teijeiro tildou de “irresponsable” ao goberno, xa que “aínda non pagou aos libreiros as axudas do curso que vén de rematar despois de ter todo xustificado xa no mes de novembro. Non podemos consentir que o goberno local trate así aos pequenos empresarios da cidade”. Neste senso, a concelleira popular lamenta que “a nefasta xestión do Concello obrigue ás librarías a soportar durante estos meses o gasto destas axudas. Pequenos empresarios que teñen que asumir o financiamento durante un período de nove meses, xa que dende que subministraron os materiais ás familias están a aplicar toda a súa boa vontade sen saber con certeza cando cobrarán

A edil popular insta ao Concello “a ter unha previsión que permita resolver en tempo e forma estas axudas, de maneira que cheguen ás familias antes de comezar o curso”. Teijeiro non entende “como é posible que se todos os anos hai estas axudas, dende o equipo de goberno non sexan capaces de ter previsto unha resolución máis áxil”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo