" />

O PP ve ocultismo na tramitación do contrato do lixo

Antonio Ameijide cualifica como “moi grave” que na documentación aprobaba o mércores en xunta de goberno local e que, ao día seguinte, se puxo a disposición dos grupos municipais faltan ata 11 documentos clave deste contrato, algún deles de gran importancia, como pode ser a planimetría da cidade para detallar a recollida do lixo, a relación de persoal e o seu custe, nin tampouco a relación de medios materiais que o Concello porá a disposición da nova empresa adxudicataria e o valor económico dos mesmos.

Segundo Antonio Ameijide os erros que detectaron os populares son: “o baile constante que se fai do número de empregados. No informe de contratación, figuran que na actualidade hai 131 empregados no contrato de recollida do lixo en Lugo, pero que a nova empresa contratista terá que subrogar a un total de 136 traballadores. Se isto xa parece incoherente, hai que engadir que segundo o dimensionamiento do servizo que se prevé nos pregos técnicos da licitación, o cálculo de horas previstas de traballo refírese para un total de menos de 100 empregados”.

Asemade tamén “á recollida de animais domésticos falecidos. Nun punto explícase que a empresa adxudicataria terá que recoller os animais domésticos mortos, logo, no apartado de residuos non incluídos na recollida aparecen os animais domésticos mortos para, na seguinte páxina especificar que unicamente se recollerán os animais mortos na vía pública e, pouco despois, explicar de novo que so recolleran os animais domésticos mortos que teñan chip”.

Tamén sinalan os populares que neste prego de condicións especifícase textualmente que “dentro do sobre B deberá incluír necesariamente “en caso contrario será excluído) un presuposto detallado da oferta”. Trátase dun erro grave, xa que a oferta non se pode xuntar no sobre B, se non que ten que incluírse no sobre C xa que é o que fai referencia ás ofertas económicas, mentres que o sobre B fai referencia á proposta técnica suxeita a criterios avaliables mediante xuízo de valor”. A recollida de residuos orgánicos e outra das deficiencias que, segundo Ameijide, ten o prego do contrato.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Xul 27, 2020 - 07:45 PM

    Populachos de Lugo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo