" />

O PP ve unha incoherencia que a alcaldesa se vaia de festa ao Caudal Fest mentres permite ao BNG acabar co San Froilán

O viceportavoz popular Antonio Ameijide pregúntase os motivos polos que “Lara Méndez vaise de festa cos seus concelleiros e permite, ao mesmo tempo, que o seu socio o BNG peche a porta á instalación das barracas este San Froilán”. O viceportavoz popular manifestou que “esta é a incoherencia coa que se organizan as cousas no concello de Lugo froito da política de incongruencias do bipartito”.

Antonio Ameijide afirma que é “ unha falacia que o protocolo da Xunta impida as barracas senón, como se explica que noutras moitas vilas e
cidades galegas estean a montar atraccións?”. O popular teme que, unha vez máis, os nacionalistas utilicen o diñeiro das festas patronais para outros fins menos xustificables para os que teñan o carné do seu partido.

Novas relacionadas

  1. Anónimo
    Set 18, 2021 - 12:20 AM

    Acaba o!
    Anos saír o tirori da gaita polos ollos, mais todo folklore máis Rosalía e Castelao, para algúns do BNG non ahí máis que esto. E Lugo e o San Froilán e algo máis, pero ala eles van de friquis nacionalistas

    Reply
  2. Anónimo
    Set 17, 2021 - 11:35 PM

    O bng vai acabar con San Froilán. ¡mimadriña! . Non sei si é dramatismo ou vicio.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo