" />

O Presidente da Deputación comprometese a rematar a vía de Moncelos ao Carrizal

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado de Xestión Territorial, Argelio Fernández Queipo, comprometeuse en Abadín a rematar o arranxo da estrada LU-P-0102 de Moncelos a Carrizal, onde se investirán 370.000 euros. Trátase dun treito de 900 metros, que vai dende o punto quilométrico 2.800 ao 3.700, co que a Deputación finaliza o acondicionamento da totalidade desta vía. A través do Plan de Obras e Servizos (POS). A Deputación xa arranxara con o resto desta estrada, onde investiu un millón de euros.

O departamento de Vías e Obras está a redactar este proxecto, que contempla traballos de limpeza e acondicionamento das cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente, así como a sinalización horizontal e vertical, pintado integral, e outros labores.

“Esta actuación complementa as levadas a cabo anteriormente e, con ela, a LU-P-0102 quedará completamente renovada co fin de garantir a seguridade dos centos de vehículos que transitan, cada día, por esta estrada provincial e mellorar as comunicacións entre os Concellos da Pastoriza e Abadín”, destacou Campos Conde.

Pola súa banda, Fernández Queipo subliñou que “atendemos as demandas dos lucenses e respondemos coa maior axilidade posible para mellorar os servizos e infraestruturas”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo