O Presidente da Deputación participa na entrega de trofeos da 36ª Volta Aérea Galaico-Duriense

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou este sábado na entrega dos trofeos aos gañadores da XXXVI Volta Aérea Galaico-Duriense que tivo lugar no marco do XIV Criterium Aeronáutico Galicia 2019 que se está a celebrar no Aeródromo de Rozas, en Castro de Rei, acompañado polo Alcalde do Municipio, Javier Balado Teijeiro, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entre outras autoridades.

Tomé Roca, felicitou aos galardoados e destacou que este evento aeronáutico e deportivo “contribúe a aumentar a relevancia da nosa provincia pois é o único destas características que se celebra en todo o Noroeste peninsular”. A cita consegue reunir a unhas 5.000 persoas, o que implica “unha repercusión turística e un impacto económico de primeira orde” para a provincia, asegurou.

A 36ª Volta Aérea Galaico-Duriense é unha proba puntuable para os deportistas aeronáuticos e contou con dúas etapas. O venres, os participantes partiron de Rozas rumbo sur e leste e o sábado dirixíronse cara ao norte e oeste, volvendo ao aeródromo lucense.

Esta semana, a  provincia de Lugo converteuse na capital galega da aeronáutica coa celebración deste encontro aéreo, o único destas características que se celebra en todo o Noroeste peninsular. Este evento deportivo conta coa colaboración da Deputación, que achega 10.000 euros para a súa realización e atrae ao redor dunhas 5.000 persoas contribuíndo a dinamizar o turismo desta contorna.

Criterium Aeronáutico

O Criterium Aeronáutico inclúe gran variedade de actividades gratuítas para todos os públicos como exhibicións aéreas, saltos en paracaídas, bautismos de voo, voos acrobáticos e de ultralixeiros, apagalumes, exposicións de avións históricos… Tamén participan helicópteros dos Corpos e Forzas da Seguridade do Estado, drons ou simuladores. Este espectáculo áreo compleméntase coa exhibición da Patrulla Águila, un grupo de voo acrobático do exercito.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com